PROXECTO COLECTIVO “FORMARVI-FORMACIÓN PERMANENTE NO SECTOR PESQUEIRO”
ARVI foi beneficiario dunha axuda pública para mellorar a cualificación das persoas traballadoras do sector.
FORMARVI-FORMACIÓN PERMANENTE NO SECTOR PESQUEIRO é un proxecto formativo que trata de contribuír ao desenvolvemento da formación profesional, das novas competencias profesionais e da formación permanente do sector pesqueiro. O proxecto engloba as seguintes ACTIVIDADES FORMATIVAS:
- Formación Básica Seguridade
- Actualización Formación Básica Seguridade
- Actualización embarcacións de supervivencia e botes e de rescate non rápidos
- Contramestre
- Observación da actividade e control das capturas dun buque pesqueiro
- Hixiene alimentaria e manipulación de alimentos
- Operador grúa hidráulica articulada
- Análise de perigos e puntos críticos de control
Os OBXECTIVOS deste proxecto son os seguintes:
- Cualificar ós traballadores/as en novas competencias dixitais.
- Dotar ós traballadores/as do sector da pesca, de cursos específicos relacionados coa súa actividade laboral.
- Formar ás persoas que teñan interese en acceder ó sector.
- Mellorar a competitividade das empresas do sector.
APOIO FINANCEIRO: Proxecto formativo cofinanciado pola Unión Europea (75% Fondo Europeo Marítimo Pesqueiro) e pola Comunidade Autónoma (nun 25%)