PROXECTO COLECTIVO “FORMARVI-FORMACIÓN PERMANENTE NO SECTOR PESQUEIRO”
ARVI foi beneficiario dunha axuda pública para mellorar a cualificación das persoas traballadoras do sector.
FORMARVI-FORMACIÓN PERMANENTE NO SECTOR PESQUEIRO é un proxecto formativo que trata de contribuír ao desenvolvemento da formación profesional, das novas competencias profesionais e da formación permanente do sector pesqueiro. O proxecto engloba as seguintes ACTIVIDADES FORMATIVAS
- Patrón/a Local de Pesca sección ponte e común
- Patrón/a Local de Pesca sección de máquinas
- Formación Básica Seguridade
- Mariñeiro/a pescador/a
- Manipulador/a de alimentos
- Contramaestre: experto en redes, estiba e liderado
- Curso de simulacro de emerxencias marítimas
- Competencias dixitais: A aplicación ISM
- Grúas hidráulicas articuladas
- Reanimación cardiopulmonar e DESA
- Seminario: Análise de puntos críticos e de control para patróns
- Prevención de riscos laborais e COVID-19
- Competencias dixitais. O diario electrónico a bordo
Os OBXECTIVOS deste proxecto son os seguintes:
- Cualificar ós traballadores/as en novas competencias dixitais.
- Dotar ós traballadores/as do sector da pesca, de cursos específicos relacionados coa súa actividade laboral.
- Formar ás persoas que teñan interese en acceder ó sector.
- Mellorar a competitividade das empresas do sector.
APOIO FINANCEIRO: Proxecto formativo cofinanciado pola Unión Europea (75% Fondo Europeo Marítimo Pesqueiro) e pola Comunidade Autónoma (nun 25%)