PROXECTOS COLECTIVOS 2022
ARVI foi beneficiario de tres axudas públicas para proxectos colectivos de mellora das instalación de descarga.
No marco destes proxectos vanse facer investimentos no local A da Lonxa de Vigo e vaise adquirir equipamento para a mellora da calidade e as condicións de traballo no servizo de descargas de pescado fresco.
Os proxectos son os seguintes:
- PROXECTO COLECTIVO “MELLORA DAS CONDICIÓNS DE TRABALLO NA DESCARGA DA LONXA DE ALTURA” (Nº EXPTE: PE209G-2022/58) cun orzamento de 69.680 euros para equipos de movemento de carga.
- PROXECTO COLECTIVO “MELLORA DAS CONDICIÓNS DE CALIDADE NA DESCARGA DA LONXA DE ALTURA” (Nº EXPTE: PE209G-2022/59) cun orzamento de 37.242 euros para básculas, equipamento de limpeza e envases.
- PROXECTO COLECTIVO “OBRAS DE MODERNIZACIÓN NA LONXA” (Nº EXPTE: PE209G-2022/57) cun orzamento de 114.138,51 euros para a modernizacion e mellora das instalacións do local A da Lonxa.
As axudas recibidas están cofinanciadas conforme o artigo 43.1 do Regulamento 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio de 2014 e as porcentaxes de cofinanciamento das axudas son do 75 % co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) e o 25 % con fondos da comunidade autónoma de Galicia.
![](http://www.arvi.org/wp-content/uploads/2022/11/MODERNIZACION-22.png)
![](http://www.arvi.org/wp-content/uploads/2022/11/CALIDADE-22.png)
![](http://www.arvi.org/wp-content/uploads/2022/11/SEGURIDADE-22.png)
En este enlace puede consultarse la RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2022, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se dá publicidade das axudas concedidas (DOG Núm. 211, 07/11/2022, Página 58089).