PROXECTO COLECTIVO “FORMARVI-FORMACIÓN PERMANENTE NO SECTOR PESQUEIRO”

ARVI foi beneficiario dunha axuda pública para mellorar a cualificación das persoas traballadoras do sector.

FORMARVI-FORMACIÓN PERMANENTE NO SECTOR PESQUEIRO é un proxecto formativo que trata de contribuír ao desenvolvemento da formación profesional, das novas competencias profesionais e da formación permanente do sector pesqueiro. O proxecto engloba as seguintes ACTIVIDADES FORMATIVAS:

  • Formación Básica Seguridade
  • Actualización Formación Básica Seguridade
  • Actualización embarcacións de supervivencia e botes e de rescate non rápidos
  • Contramestre
  • Observación da actividade e control das capturas dun buque pesqueiro
  • Hixiene alimentaria e manipulación de alimentos
  • Operador grúa hidráulica articulada
  • Análise de perigos e puntos críticos de control

 

Os OBXECTIVOS deste proxecto son os seguintes:

  1. Cualificar ós traballadores/as en novas competencias dixitais.

  2. Dotar ós traballadores/as do sector da pesca, de cursos específicos relacionados coa súa actividade laboral.

  3. Formar ás persoas que teñan interese en acceder ó sector.

  4. Mellorar a competitividade das empresas do sector.

 

APOIO FINANCEIRO:  Proxecto formativo cofinanciado pola Unión Europea (75% Fondo Europeo Marítimo Pesqueiro) e pola Comunidade Autónoma (nun 25%)

 

 

 

 

Share This

¡Comparta esta noticia!